O departamento de xuventude de Vilagarcía organiza un obradoiro de “oratoria motivacional ou coaching”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

Co inicio do curso a Concellería de Xuventude abre unha nova tempada de actividades destinadas a formar á mocidade e a mellorar as súas posibilidades de empregabilidade. Nesta ocasión, faino a través dun obradoiro de “Oratoria motivacional ou coaching” que se impartirá o 11 de outubro e no que poderán participar alumnos menores de 30 anos. A participación é gratuíta e o prazo de inscrición vai do 23 de setembro ao 7 de outubro.

O Obradoiro de Oratoria emocional ou Coaching organízase a través do programa Activa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado a través do cal se desenvolven diversas iniciativas para proporcionar aos mozos e mozas ferramentas en temáticas de especial interese para a xuventude galega que´, aínda que non forman parte da educación formal, constitúen un valor en alza e teñen unha relación clara na mellora da empregabilidade, polo que constitúen un valioso complemento no eido curricular
O Obradoiro de Oratoria emocional ou coaching responde a unha necesidade detectada nos anteriores programas, nos que mozos e mozas demandaban certas técnicas para desenvolverse dun xeito máis eficaz á hora de traballar en equipo, dirixir grupos ou expresarse a novel laboral. Este obradoiro está dirixido a menores de 30 anos, profesionais e concelleiros que traballen con xóvenes, ou integrantes de asociacións e grupos informais. Ten dúas horas de duración, impartirase no Auditorio o día 11 de outubro en horario de tarde (de 18:00 a 20:00 horas).

O obradoiro titulado “Oratoria motivacional ou coaching. Librándonos do pensamento negativo” estrutúrase como un momento para a reflexión nestes tempos axitados no que se exporán experiencias e ideas que invitan á acción e que apoian o desenvolvemento persoal como o único camiño cara ao éxito.

Os contidos a abordar na sesións perseguen esta finalidade dende diversas e interesantes perspectivas e exemplos baixo os subtítulos Por que morre a xente que se perde na xungla?, Librándonos do pensamento negativo, A diferenza actitudinal, O camiño do éxito e As oportunidades da crise.

16 de setembro de 2013 | 12:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.