O departamento de viarios renovou 60 indicacións viarias e repasou máis de 1.700 metros lineais en diferentes zona do termo municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

A Concellería de Servizos e Medio Ambiente do Concello de Ferrol, que dirixe Borja Carro Muñoz, deu conta hoxe do balance das actuacións de pintado e sinalización acometidas entre o 6 de xuño e o 12 de setembro nos barrios de Esteiro, A Magdalena e o polígono da Gándara. Este plan de integral conta cun investimento de 300.000 euros no presente exercicio e foi posto en marcha, ao abeiro do Plan de Barrios que está a levar a cabo o Goberno Municipal que dirixe José Manuel Rey Varela.

Os operarios de Tragsa, empresa que ten encomendado esta nova prestación municipal, pintaron durante o período de tempo antes sinalado un total de 1.758,8 metros lineais, dos que 249,2 atenden ao trazado de liñas continuas e descontinuas e o restante a traballos de pintado de diferentes sinais viarias horizontais. Así mesmo, as cuadrillas de Tragsa repasaron o trazado dunha praza de aparcamento para minusválidos. Ademais, o groso do traballo centrouse na renovación dun total de 60 sinais verticais, das que 25 eran de stop.

Entre o 6 e o 12 de setembro, un total de dous equipos ocupáronse dos traballos de sinalización viaria, con tres operarios cada un. Así, un dos equipos estivo adicado ao pintado e o outro encargouse da colocación de sinais verticais.

Previsións de traballo

A empresa adxudicataria do servizo municipal, Tragsa S.A., informou tamén que continuarán os traballos de renovación de sinais verticais durante a vindeira semana, con especial atención ás proximidades dos centros escolares. Ademais, os operarios do servizo seguirán con actuacións de pintado de viarios no barrio de Recimil e na estrada de Castela.

16 de setembro de 2013 | 17:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.