O departamento de viarios ferrolá executa traballos de reparación no centro da cidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

O servizo municipal de Obras, Reparacións e Mantemento de Infraestruturas do Concello de Ferrol realizará estes días  diferentes actuacións na zona de A Magdalena. En concreto, os operarios da empresa “Misturas S.A”, centrarán as súas intervencións en traballos de formigonado na rúa da Igrexa, no tramo comprendido entre as rúas Arce e Méndez Núñez; e en traballos reparación de lousas de pedra no cruzamento da rúas Magdalena e Lugo.

Corte ao tráfico rodado

A empresa adxudicataria deste servizo de mantemento de infraestruturas sinala que a previsión dos traballos antes sinalados dependerán das condicións climatolóxicas. Así mesmo, con motivo destas actuacións será cortado ao tráfico a rúa Igrexa, dende a rúa Arce ata a rúa Méndez Núñez. Esta restrición temporal manterase durante o tempo que duren os traballos.

10 de setembro de 2013 | 18:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.