O departamento de servizos sociais de Ares organiza unha excursión ao San Froilán de Lugo
Co gallo da celebración das festas de San Froilán, o Concello de Ares, a través da área de Servizos Sociais, que dirixe a socialista Victoria Montenegro, organiza unha excursión a Lugo. Esta actividade, que vai dirixida ás persoas maiores de 55 anos, desenvolverase o día 9 de outubro, estando prevista a saída ás 09.30 e o regreso a Ares a última hora da tarde desa mesma xornada.
O prezo é de 25 euros por persoa, incluido o xantar e o transporte en autobús. As persoas interesadas en participar nesta excursión xa poden inscribirse, acudindo para iso aos Servizos Sociais do Concello no seu horario habitual de atención ao público.
A este respecto, hai que subliñar que este departamento vén de retomar o seu horario de inverno e, polo tanto, de atención os luns pola tarde, garantindo a atención a aquelas persoas que por diferentes razóns non poidan acudir ás dependencias municipais durante o horario da mañá. Ademais, este ano fíxose extensivo dito horario ao CIM, o que significa que a abogada muda o seu horario para facilitar a asistencia dos posibles usuarios, pasando de atender os martes e venres pola mañá a facelo o luns, pero de mañá e de tarde.
Deste xeito, Servizos Sociais abre ao público de luns a venres de 08.00 a 15.00 horas, e no caso do luns, a atención será, ademais, de 16.00 a 20.00.