O departamento de obras ferrolán instala paneis informativos de “precaución zona escolar”
A Concellería de Servizos e Medio Ambiente do Concello de Ferrol, que dirixe Borja Carro Muñoz, informou sobre o balance das actuacións de pintado e sinalización acometidas entre o 13 e o 19 de setembro, que estiveron centradas nos barrios do Recimil, Ensanche A, Esteiro e A Magdalena. Este plan de integral conta cun investimento de 300.000 euros no presente exercicio e foi posto en marcha, ao abeiro do Plan de Barrios que está a levar a cabo o Goberno Municipal que dirixe Jose Manuel Rey Varela.
Os operarios de Tragsa, empresa que ten encomendado esta prestación municipal, pintaron durante o período de tempo antes sinalado un total de 1.018,71 metros lineais, dos que 584,5 atenden ao trazado de liñas continuas e descontinuas e o restante a traballos de pintado de diferentes sinais viarias horizontais. Ademais, colocaron paneis informativos de “precaución zona escolar” e repasaron 27 indicacións viarias que corresponden con: 23 frechas de dirección e 4 prazas de aparcamento para minusválidos. Así mesmo, o groso dos traballos consistiu na renovación de 39 sinais verticais por todo o termo municipal. De maneira máis concreta e ordenados por barrios, os traballos de pintado e sinalización viaria foron acometidos nas seguintes rúas:
– Recimil e Ensanche A: Avenida de Castela.
– Esteiro: rúa Carlos III.
– A Magdalena: Praza de Galicia e Praza das Angustias.
Entre o 13 e o 19 de setembro, un total de dous equipos ocupáronse dos traballos de sinalización viaria, con tres operarios cada un. Un dos equipos adicouse ao pintado e o outro encargouse da colocación de sinais verticais.
Previsións de traballo
Segundo a previsión no plan de traballo, os operarios de Tragsa continuarán instalando sinais verticais, así como os paneis de “precaución zona escolar” nas proximidades dos centros educativos da cidade. No que atinxe ao pintado, se acometerán intervencións nos barrios de Recimil e a estrada de Castela e serán trazadas as prazas de aparcamento de minusválidos que faltan nos barrios antes sinalados.











