O departamento de obras ferrolá repara as beirarrúas de Caranza e A Magdalena

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

O servizo municipal de Obras, Reparacións e Mantemento do Concello de Ferrol actúa hoxe nos barrios de Caranza e A Magdalena. En concreto, os operarios da empresa “Misturas S.A”, centran as súas actuacións na reparación de beirarrúas na rúa Masaia vial interior Vila do Conde, en Caranza, e na rúa Igrexa, no barrio histórico.

A empresa adxudicataria deste servizo de mantemento de infraestruturas sinala que a execución dos traballos antes sinalados dependerán das condicións climatolóxicas.

6 de setembro de 2013 | 13:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.