O departamento de obras de Ferrol repasou máis de 5.000 metros lineias e renovou 32 sinais verticais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

A Concellería de Servizos e Medio Ambiente do Concello de Ferrol, que dirixe Borja Carro Muñoz, informou sobre o balance das actuacións de pintado e sinalización viarias acometidas durante a primeira semana do mes de setembro nos barrios de Canido, A Magdalena, Esteiro, Ensanche, Caranza, Santa Cecilia, Covas, Serantes, A Cabana e A Graña. Ademais, o edil ferrolán tamén facilitou o informe sobre os traballos de limpeza e roce de camiños e cunetas executados durante este período de tempo nas parroquias de Doniños, Covas, Serantes, Mandiá e A Cabana.

Os operarios de Tragsa, empresa que ten encomendadas estas dúas prestacións municipais, pintaron entre o 29 de agosto e o 5 de setembro un total de 5.003 metros lineais, dos que 4.326 atenden ao trazados de liñas continuas e descontinuas e o restante a traballos de pintado de diferentes sinais viarias. Así mesmo, as cuadrillas da empresa adxudicataria do devandito servizo repasaron 15 indicacións viarias que corresponden con: 9 símbolos de autobús, 3 pasos de peóns, 2 prazas de aparcamento para minusválidos e unha sinal horizontal de stop. Así mesmo, foron renovadas 32 sinais verticais, das que 11 son de prohibición ou obriga, e foron colocados 15 espellos circulares en diferentes puntos do termo municipal. De maneira máis concreta e ordenados por barrios, os traballos de pintado e sinalización viaria foron acometidos nas seguintes rúas:

– Canido: rúas Celso Emilio Ferreiro, Navegantes, Coruña, Pérez Parallé, Maiola, Souto e Almendra.

– A Magdalena: rúas Zurbarán, San Amaro, Espoz y Mina, Praza das Angustias, Real, Tierra, .

– Esteiro: Álvaro Cunqueiro e avenida de Esteiro.

– Ensanche: rúas Nova Caranza, Sánchez Calviño e Sartaña.

– Caranza: rúa Alonso López e avenida de Castelao.

– Zona rural: Santa Icía, Covas, Serantes, A Caban e A Graña

Durante o período de tempo antes citado, un total de tres equipos con tres operarios cada un ocupáronse dos traballos de sinalización viaria, dos que dous se encargaron do pintado e o outro equipo da colocación de sinais verticais. Así, a previsión de traballo feita pola empresa Tragsa, adxudicataria do servizo, contempla que durante esta semana continuarán a renovación de sinais verticais e os traballos de pintado nos barrios de Canido, Ensanche, Recimil e a estrada de Castela. Este plan de integral de mellora da sinalización, posto en marcha polo Goberno Municipal ao abeiro do Plan de Barrios, conta cun investimento de 300.000 euros no presente exercicio.

Limpeza de cunetas na zona rural

Por outra banda, foron executadas actuacións de roce e limpeza de camiños e cunetas do 2 ao 5 de setembro nas parroquias de Doniños, Covas, Serantes, Mandiá e A Cabana. Este plan integral de mellora na zona rural forma parte do Plan de Barrios, posto en marcha polo Goberno Municipal que preside Jose Manuel Rey Varela, e conta cun investimento total para o presente exercicio de algo máis de 76.000 euros.

Un total de 3.803 metros lineais de limpeza de cunetas foron acometidos polos operarios da empresa adxudicataria da prestación municipal nas parroquias do rural anteriormente citadas. Ademais, foron executados 0,24 hectáreas de roce de parcelas municipais na parroquia de Covas. Os medios empregados nestas actuacións son un equipo cun total de dous operarios con motodesbrozadoras,  un encargado de obra, dous operarios para realizar os traballos de limpeza manual de cunetas, un tractor de rodas con desbrozadora mixta, unha furgoneta, un vehículo todoterreno, dúas retrocargadora, un camión e un dumper de obra.

Máis en concreto, as unidades executadas en limpeza de cunetas por parroquias foron as seguintes:

– Covas: 88 metros lineais.

– Mandiá: 1.458 metros lineais.

– A Cabana: 511 metros lineais.

–  Doniños; 1.302 metros lineais.

– Serantes: 444 metros lineais.

9 de setembro de 2013 | 19:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.