O departamento de obras de Ferrol comeza a segunda fase do plan de barrios
O Concello de Ferrol retoma este venres día 20 de setembro unha nova fase do Plan de Barrios que dará comezo no centro da cidade e no barrio de Ferrol Vello. Esta iniciativa do Goberno Municipal de Ferrol, encamiñada a seguir atendendo o día a día das necesidades das distintas zonas da cidade, seguirá supoñendo unha actuación coordinada dos servizos municipais e as empresas concesionarias que traballan para a Administración ferrolá. Trátase de atender diariamente á conservación e o mantemento de Ferrol, cubrindo as deficiencias e as demandas veciñais.
Esta segunda fase do Plan de Barrios se prolongará até finais de decembro e o rexedor ferrolán intensificará as visitas e reunións de traballo coas entidades veciñais programando dúas saídas por semana: unha a un barrio urbano e outra á zona rural. O obxectivo desta segunda fase do Plan de Barrios e seguir poñendo ao día, e mellorar pouco a pouco, a imaxe da cidade, grazas a este programa planificado de actuación municipal por zonas. Estas intervencións de mellora permiten atender as demandas veciñais, mellorar o funcionamento dos servizos, que se faga máis próxima á cidadanía a presenza dos servizos municipais na rúa e incrementar a supervisión municipal sobre as distintas zonas da cidade.











