O CSC de Fontiñas acolle un curso de coidados integrais a persoas dependentes

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+
Inauguración do curso

Inauguración do curso

O Centro Sociocultural de Fontiñas acolle un curso de coidados integrais a persoas grandes dependentes organizado pola Asociación Galega para Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer (Agadea). A concelleira de Benestar Social, María Castelao, asistiu á apertura do curso, que se desenvolverá ata o 28 de setembro. O obxectivo deste curso é introducir os participantes no coñecemento da realidade da convivencia cos enfermos de Alzheimer e dos coidados que precisan, facilitándolles ás persoas interesadas as referencias básicas necesarias que lles permitan dar uns coidados de calidade, con menos esforzo, buscando o equilibrio na vida cotiá. O curso ten unha duración de 12 horas e celebrarase en horario de 19:00 a 21:30 horas (do 24 ao 27 de setembro) e de 10:00 a 12:00 horas (o 28 de setembro).

25 de setembro de 2013 | 15:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.