O Consorcio de Turismo lanza unha campaña nas redes sociais para promover á cidade herculina como destino turístico de primeira orde
O Consorcio de Turismo que preside Luisa Cid puxo en marcha unha campaña online a través do seu perfil social en Facebook para promover a cidade da Coruña como destino turístico de primeira orde. O obxectivo da iniciativa, desenvolvida dentro de #Coruñasemueve e que conta coa colaboración da Diputacióncoruñesa, é converter aos visitantes en embaixadores da cidade e inclúe premios entre os internautas.
Así, entre todos os participantes se sortearán cinco voos de ida e volta Madrid-A Coruña, para dúas persoas cada un, da compañía Air Europa, dentro as accións de promoción acordadas entre o Concello e Globalia. A iniciativa, que estará activa ata o 14 de outubro, utilizará unha aplicación para ofrecer a cada visitante unha recomendación cos plans máis apetecibles para descubrir a cidade da Coruña.
O usuario pode participar a través de Facebook entrando na aplicación para tal efecto e seguindo os pasos indicados nesta. Poderá conectar o seu perfil, haciéndosefan, para poder coñecer os seus gustos e ofrecerlle unha proposta especializada en función a estes, que serán detectados automaticamente pola aplicación dentro do seu propio perfil. A través das ferramentas de socialización de Facebook incentivarase a conversación na canle con distintos hashtags (#ferias, #congresos, #gastronomía,#música), sempre baixo o paraugas #Coruñasemueve.
O lanzamento desta campaña forma parte da aposta do Consorcio de Turismo polas promocións online para chegar a millóns de potenciais turistas, xa que internet e as redes sociais son a vía elixida pola maioría dos que deciden organizar unha viaxe ou unha escapada.











