publicidade hoxe

O Conselleiro de Economia e Industria reuniuse co comité da empresa Megasa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaAresFerrolLocalLocal PortadaNarónSan Sadurniño
A-
A+
Francisco Conde reuniuse co comité de Megasa

Francisco Conde reuniuse co comité de Megasa

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, trasladou ao comité de empresa de Megasa o total apoio da Xunta de Galicia, que desde o primeiro momento identificou as necesidades da compañía e traballou xunto co Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo na defensa dos intereses da compañía. Neste sentido, explicou Conde, o Goberno galego ten conseguido que a nova proposta de interrumpibilidade, que tramita o Goberno central, vaia na dirección do proposto pola Xunta de garantir a igualdade de condicións das empresas galegas electrointensivas.

No encontro, no que participaron tamén os alcaldes de Ares, Ferrol, Narón e San Sadurniño, o titular de Economía e Industria subliñou que a nova proposta de Orde se axusta ás necesidades das empresas a efectos de asegurar a libre competencia e a igualdade de condicións no acceso a unha tarifa eléctrica suficientemente competitiva.

Así mesmo, o conselleiro de Economía e Industria transmitiulles que, dentro das iniciativas que o Executivo está adoptando para combater o déficit de tarifa, a Xunta ten presentado diferentes alegacións para defender os intereses das empresas galegas. Neste eido, salientou, que, en complemento á nova proposta de orde de interrumpibilidade, o Goberno central aprobará unha proposta plantexada pola Xunta para reducir o imposto especial de electricidade. Así, estase a avaliar unha exención do 85% para empresas ligadas a sectores como a siderurxia, no que se atopa Megasa, ou as ferroaleacións.

O conselleiro fixo un chamamento á unidade de acción na busca dun obxectivo común que non é outro que asegurar a posición competitiva das empresas intensivas en consumo eléctrico, como Megasa, e traballar na defensa dos seus postos de traballo. Para iso salientou que o Goberno galego está a desenvolver, xunto co Ministerio e traballando cóbado con cóbado cos grandes consumidores de enerxía en Galicia, un intenso labor que permita mellorar o posicionamento das compañías.

19 de setembro de 2013 | 22:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.