O Conciliatardes do curso 2013/14 conta con 37 nenos e nenas
O departamento de Servizos Sociais do Concello vén de facer pública a lista definitiva de nenos e nenas admitidos para participar no programa Conciliatardes Tardes coa Infancia para o curso 2013-14. O servizo contará este ano con 37 usuarios, tanto la modalidade da xornada completa como en media xornada. As listas pódense consultar no taboleiros de anuncios de Servizos Sociais e no da web municipal www.vilagarcia.es.
Despois de distribuír os horarios entre os usuarios con xornada completa e os que teñen só media xornada, aínda quedan dispoñibles dúas prazas vacantes a xornada completa que se cubrirán antes do inicio do curso entre os solicitantes quen quedaran excluídos e cumpran os requisitos, tendo preferencia os que presentarán a solicitude dentro do prazo. Unha das prazas é con horario de 18:00 a 21:00 horas de luns a venres e a outra, tamén de xornada completa pero só os luns, mércores e venres.
O Conciliatardes está dirixido aos nenos e nenas nacidos entre o 1 de xaneiro de 2005 e o 31 de decembro de 2010 empadroados no Concello de Vilagarcía de Arousa, que formen parte dunha unidade familiar na que ambos proxenitores ou titores teñan unha actividade laboral ou participen nun proceso de formación regrado ou oficial, no horario de desenvolvemento do servizo.
O servizo desenvolverase durante os meses de outubro 2013 a xuño de 2014 no Centro de Formación de Matosinhos, en horario de 15:30 a 21:00 horas.











