O Concello realiza as tarefas de limpeza dun solar no Cancelo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaLocal
A-
A+

O Concello da Laracha acometeu subsidiariamente a limpeza dunha finca privada situada no lugar de O Cancelo do Medio (parroquia de Cabovilaño) ao non atoparse en bo estado de conservación e ornato público e, por tanto, non cumprir co establecido pola Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia.

Desde o Concello da Laracha leváronse a cabo estas labores tras desenvolver previamente unha campaña informativa, notificar dita situación aos propietarios e unha vez superado o prazo indicado nos requirimentos para realizar os traballos.

Os titulares dos terreos deberán asumir os custos da actuación desenvolvida subsidiariamente polo Concello da Laracha que, ademais, poderá impoñer unha multa coercitiva que podería ir dos 300 aos 6.000 euros.

Durante os últimos meses o Concello da Laracha notificou aos donos dunhas trescentas parcelas a obrigatoriedade da súa limpeza puntual. Na maioría dos casos o acondicionamento realizouse no verán a cargo dos seus propios titulares.

Nos próximos días, e no caso de persistir o incumprimento, o Concello da Laracha volverá a acometer as labores correspondentes, prestando especial atención aos tres núcleos urbanos (A Laracha, Paiosaco e Caión) e ás zonas residenciais de maior entidade das parroquias.

17 de setembro de 2013 | 17:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.