publicidade hoxe

O Concello de Xove fomenta o galego entre o comercio local

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalXove
A-
A+

O Concello de Xove está a desenvolver unha campaña subvencionada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, para reforzar o idioma galego nas relacións comerciais e empresariais en xeral.

Este proxecto ten dúas accións:

Asesoramento ás empresas para a normalización e normativización da súa documentación, para fomentar que o galego sexa a súa lingua de comunicación. Esta acción desenvólvese coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade da Mariña.

Campaña nadal, que abarcará entre outras cousas un curso de paquetería en galego para formar ás persoas que traballan no sector comercial en Xove. Este curso comezará o próximo luns 30 de setembro e impartirase na aula de formación en horario de 20:30 a 22:30 h. de luns a xoves, rematará o 17 de outubro. As persoas interesadas en obter máis información poden poñerse en contacto coa ACIAM local ou co Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local (tlf.: 982592001, correo electrónico: aedl@xove.es)

Traballo conxunto:

Estas accións realízanse conxuntamente coa ACIAM de Xove.

Carácter innovador:

Trátase dunha campaña innovadora. O curso terá como obxectivo aprender técnicas de paquetería ao mesmo tempo que se leva a cabo unha promoción do uso da lingua galega.

Máis actividades de promoción:

O Concello conxuntamente coa ACIAM ten programadas outras actividades dentro desta campaña.

24 de setembro de 2013 | 10:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.