publicidade hoxe

O Concello de Xove acomete a reforma e mellora viaria no lugar de Vilalpol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalXove
A-
A+

Obra consistente na reforma, ampliación e mellora dun vial no burgo de Vilalpol, na parroquia de Portocelo. Desenvolveuse en varias fases. Na primeira repuxéronse  os muros de mampostería existentes por compensación de cesión de terreno por parte dos veciños; onde xa había muros, arranxáronse, e onde estaban caídos ou desaparaceran, repuxéronse.

A obra incluiu, na seguinte fase,  tamén a renovación do saneamento de pluviais, con novas arquetas e as canalizacións correspondentes. Por último, rexenerouse totalmente o asfaltado cunha nova capa de aglomerado.

Esta obra seguiu a política do Concello de respetar os entornos e as estéticas propias do medio rural, adaptando as novas obras a esa estética, integrando as intervencións na paisaxística propia das nosas aldeas. Neste sentido, cabe destacar o emprego de materiais, como a pedra, que casan moi ben coa estética destes lugares.

Ademáis hai que reseñar que a intervención realizada polo Concello serviu de estímulo e acicate aos veciños, os cales, pola súa parte, realizaron tamén obras de mellora nas súas casas (pintado de fachadas) e o seu entorno (reparación e integración de muros, etc.), o que contribuiu inda máis a darlle unha estética única a toda a zona. Podemos, polo tanto, falar dunha rehabilitación integral desta área, sumándose a intervención vecinal á intervención municipal.

O investimento nesta obra foi de 73.693 €, aos que hai que engadir o custo do aglomerado, o cal formou parte dun proxecto de aglomerados de varios viais do Concello.

24 de setembro de 2013 | 16:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.