O Concello de Vigo crea o Centro Municipal de Interpretación da Oralidade en galego

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Local Portada ► Vigo ▼
A-
A+
Inauguración do Centro Municipal de Interpretación da Oralidade

Inauguración do Centro Municipal de Interpretación da Oralidade

Vigo conta desde hoxe cun Centro Municipal de Interpretacón da Oralidade que xurde para recuperar, poñer en valor e transmitir o patrimonio inmaterial galego, así como a idea de crear novos reguefeiros e incorporar novos formatos. Esta ferramenta, tal e como explicou a concelleira de Normalización Lingüísitica, Isaura Abelairas, porá en valor as regueifas, os brindos, as xaneiras, contos, lendas, incluíndo novos formatos como o rap, o slam ou novas lendas urbanas.

Abelairas destacou que o centro “case virtual” terá a sede no IME, ao tempo que impartirá algunhas clases no centro Emilia Pardo Bazán. As sesión serán os mércores entre las 18,00 e as 20,00 horas e arranca o próximo 2 de outubro. Durante a rolda de prensa, a edil estivo acompañada por parte dos profesores que forman parte desta novidosa actividade.

25 de setembro de 2013 | 15:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.