O Concello de Pontevedra destina 40.000 euros a axudas para entidades culturais
A Concellaría de Cultura volveu a sacar unha nova convocatoria de axudas para asociacións sen ánimo de lucro que desenvolven a súa actividade no eido da cultura. A partida que a Concellaría destina a estas axudas é de 40.000 euros que poderán solicitarse até este xoves, 26 de setembro.
A subvención poderá ser solicitada por persoas físicas ou xurídicas, que teñan o seu domicilio social en Pontevedra e realicen actividades de interese cultural e se atopen no rexistro municipal de asociacións.
As subvención outorgaranse segundo uns criterios de baremación até cubrir un 50% dos proxectos e sempre que a axuda non supere os 3.000 euros.
As persoas ou entidades interesadas en recibir estas axudas poderán presentar a instancia coa pertinente documentación no Rexistro Xeral doConcello até o 26 de setembro.
As bases están publicadas no Boletín Oficial da Provincia.











