O Concello de Poio propón diversas actividades culturais para o curso 2013/2014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPoio
A-
A+

Na comisión de cultura celebrada onte, a Concellaría de Cultura presentou a oferta de actividades propostas para o curso 2013 / 2014 no Centro Cultural Xaime Illa Couto e no Local Social de Campelo. O prazo de inscrición está xa aberto.

A Concelleira de Cultura, Dna. Silvia Díaz Iglesias, presenta á comisión de cultura a seguinte proposta:

Local Social de Campelo: Programa de actividades de dinamización sociocultural

1.- Técnicas de Estudo: martes de 16:30 a 17:30 h.

Actividade de formación dirixida a mozos e mozas de idades comprendidas entre os 12 e 17 anos. O curso “Técnicas de Estudo” ten como obxectivo axudar aos estudantes a planificar, organizar e optimizar o tempo, coa finalidade de mellorar os resultados académicos, precisamente na franxa de idade onde comezan a aparecer os problemas de concentración, motivación e as dificultades de comprensión.

Cota mensual: 12 € (inclúe o material didáctico)

Impartido por un profesor especialista en dificultades da aprendizaxe.

2.- Cursos de inglés para nenos e nenas: grupos por idades.

Xoves de 16:15 a 17:15 h: Inglés xogando (Inglés para primaria) (dependendo do número de inscritos, desdobraríase o grupo os luns, de De 16:15 a 17:15)

Mércores de 16:15 a 17:15 h: Inglés para a secundaria.

Cota mensual: 10 € (inclúe o material didáctico)

3.- Curso: Guitarra (iniciación)*

Idades: De 6 anos en diante. Grupos por idades. (de 6 a 8 años : máximo de 8 nenos, entre 9 e 12, grupos de 10, 12 en diante, grupos de 10)

Duración: 2 horas semanais, de outubro a xuño.

Cota: 40 €/mes.

4.- Clases de Iniciación á Música*:

Idades: a partir dos 3 anos. Exercicios de psicomotricidade e ritmo e nocións musicais básicas. (grupo máximo de 15 nenos)

Duración: 2 horas semanais, de outubro a xuño.

Cota de Inscrición:15 euros/mes.

Impartidos por unha profesora con amplia experiencia musical e docente.

CENTRO CULTURAL XAIME ILLA – RAXÓ: programa de actividades de dinamización sociocultural:

5.- Curso de Pintura e artes plásticas:

Dúas horas por semana, grupo mínimo de 10 persoas.

Grupos infantil e adulto. Cota: 20 € / mes. Horario a concretar co alumnado preinscrito.

* CURSOS OFERTADOS PARA O LOCAL SOCIAL DE CAMPELO E CENTRO CULTURAL XAIME ILLA – RAXÓ. HORARIO DEFINITIVO A ACORDAR CO ALUMNADO PREINSCRITO.

12 de setembro de 2013 | 16:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.