O Concello de Mos pon ó servizo dos veciños unha oficina informativa sobre o IBI

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMos
A-
A+

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou hoxe da posta en marcha dunha oficina de información municipal sobre o IBI (Imposto sobre Bens Inmobles), que se ubica nas dependencias do Concello e está atendida por un técnico especializado.

Neste departamento os veciños e veciñas interesados poden consultar dende xa calquera dúbida sobre o valor catastral das súas propiedades inmobiliarias, tanto urbanas como rústicas, informarse do aforro que lles suporá en particular a reducción do tipo aplicable á comúnmente denominada contribución que de cara ó vindeiro ano 2014 baixará na localidade mosense dous puntos, do 0,8 ó 0,6 -que é o mínimo esixido por lei polo Ministero de Facenda-; e informarse sobre os cáculos do IBI e da revisión catastral realizados o presente ano.

Con este novo servizo que xa é unha realidade, o gobeno municipal pretente dar resposta ás inquedanzas de moitos habitantes de Mos interesados en como se realiza o cálculo do valor catastral das súas propiedades, así coma do importe a abonar anualmente pola taxa do IBI.

Ademais desta oficina municipal que estará aberta ó público en horario de mañá, de 09.00 horas a 14.00 horas de luns a venres, Nidia Arévalo anunciou tamén que, ante a preocupación que poida surxir entre os veciños e veciñas de Mos pola revisión de tipos, -que implica unha baixada de dous puntos de cara ó ano 2014-, o goberno local organizará reunións informativas en cada unha das dez parroquias do municipio, nas que se lles explicarán ós mosenses asistentes os termos da regularización e os motivos da súa aplicación.

Ambas iniciativas, tanto a oficina do IBI coma as reunións polas parroquias, surxiron ó considerar o goberno municipal beneficioso informar ós veciños sobre as accións levadas a cabo polo Concello para garantir o nivel de servizos públicos que se veñen prestando. É por iso que a alcaldesa, xuntamente cos demais membros do equipo de gobeno local, visitará tódalas parroquias mosenses para explicar os pormenores dos cambios impositivos e de calquera outra cuestión plantexada pola veciñanza.

Pleno

Arévalo lembrou tamén que será levada a aprobación no vindeiro Pleno da Corporación Municipal, a celebrar no presente mes de setembro, a baixada de dous puntos, do 0,8% ó 0,6%, do Imposto sobre Bens Inmobles –IBI-, reducción que entrará en vigor de cara ó vindeiro ano 2014 e que será aplicable e efectiva en 2014 e anos sucesivos.

21 de setembro de 2013 | 13:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.