O Concello de Lugo penaliza á empresa que se encarga da rehabilitación da Ponte romana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaLugoLugo
A-
A+

O Voceiro do Goberno local e Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez, anunciou que este venres, día 13 de setembro, é a data prevista para a finalización das obras de rehabilitación da Ponte romana.

Álvarez fixo este anuncio na rolda de prensa na que deu conta dos acordos adoptados este mércores pola Xunta de Goberno Local que aprobou a imposición de novas penalizacións á empresa adxudicataria da obra pola súa tardanza na finalización dos traballos.

O Voceiro do Goberno local explicou que a Xunta de Goberno tomou dous acordos sobre este asunto. No primeiro deles, o Goberno local desestimou o recurso de reposición que interpuxera a empresa contra o acordo tomado o día 12 de xuño polo que se lle impuxeron penalidades por incumprir o prazo de execución da obra no período de tempo comprendido entre o 28 de febreiro e o 30 de abril. O segundo dos acordos foi a incoación dun novo expedente de imposición de penalidade dende o 1 de maio ata o 13 de setembro. O importe da penalidade é de 137,61 euros por cada día de retraso na finalización da obra.

11 de setembro de 2013 | 20:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.