O Concello de Ares recepciona as obras de reforma da antiga escola de Lubre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAresLocal
A-
A+

O alcalde de Ares, Julio Iglesias, asinou esta mañá a acta de recepción das obras de reforma da antiga escola de Lubre, que recibiu unha subvención de fondos de Costa Noroeste e foi executada polas empresa Copcisa, Estes traballos, xa rematados, convertiron este inmoble de baixo e un andar, que data de 1959 segundo datos do castastro, nun centro de ensaio para os grupos musicais do municipio en un local social para os veciños da zona. En total, a superficie da parcela é 499 metros cadrados.

Unha vez recibida a actuación, o rexedor e a concelleira de Urbanismo, Olimpia Marcos, acompañados pola dirección de obra, realizaron unha visita ao inmoble. No edificio, constataron a intervención realizada no baixo, donde estaban as aulas no seu día, e transformado agora nun local de 42 metros, ademais dun recibidor, dous aseos e un distribuidor. No primeiro andar, que acollía a vivenda da mestra, habilitouse outro local de 60 metros cadrados, co seu correspondente zaguán, almacén e aseo.

Como destacou no seu día o rexedor socialista, os obxectivos principais desta intervención son o de mellorar a calidade de vida da veciñanza de Lubre, que ata o momento non disponían dun local comunitario no que poder artellar actividades culturais e de participación cidadá, ademais de servir como local de ensaio aos grupos musicais que a miúdo non contan cos recursos suficientes para dispor dun espazo no que poder ensaiar.

24 de setembro de 2013 | 18:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.