O Concello de Ames contrata o servizo de limpeza dos centros educativos de infantil e primaria do municipio
Con este proceso de contratación, o Goberno amiense reorganiza e agrupa a prestación dos servizos de limpeza dos centros de educación infantil e primaria e escolas unitarias do Concello de Ames
O Concello de Ames investirá nos vindeiros dous cursos escolares un total de 318.099 euros no servizo de limpeza dos centros de educación infantil e primaria e nas escolas unitarias do municipio. A duración inicial desta contratación será de dous anos, prorrogables por dous máis.
O obxecto deste contrato é reorganizar e agrupar a prestación dos servizos de limpeza dos centros de educación infantil e primaria e escolas unitarias do Concello de Ames (CEIP A Maía, CEIP Barouta, CEIP Agro do Muíño, CEP de Ventín, EEI Milladoiro e escolas unitarias de Agrón, Covas, Ortoño e Bugallido).
Esta é a primeira vez que se licita en conxunto o servizo de limpeza destes centros, mentres que o das escolas infantís fíxose a través doutro proceso no que se investiron máis de 97.700 euros por dous cursos escolares Este proceso de contratación corresponde ao servizo de limpeza das escolas de O Bosque (Bertamiráns), A Madalena e da Galiña Azul, estas dúas últimas situadas no Milladoiro. A duración inicial desta contratación será de dous anos, prorrogables por dous máis.











