publicidade hoxe

O Club Remo Puebla inaugura o Foxo Deportivo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra do CaramiñalLocal
A-
A+
Momento da inauguración

Momento da inauguración

O martes inaugurouse unha obra moi importante para o Club de Remo Puebla xa que con ela permitirálles aos deportistas adestrar en mellores condicións técnicas  de seguridade, principalmente na época do inverno.

Ademáis, facilítase, por unha banda,  o inicio de novos remeiros nunhas condiciones óptimas de seguridade e a cuberto, para que posteriormente, e unha vez adquiridos os coñecementos básicos poidan pasar a adestrar no mar.Por outra, permite a dispoñibilidade de mellorar determinadas facetas técnicas dos deportistas máis veteráns. 

O Club de Remo Puebla é unha das entidades deportivas pioneiras na Pobra do Caramiñal e, na actualidade, conta con máis de 60 deportistas e unha importante cantidade de embarcacións para a práctica tanto do remo en banco fixo coma para o remo olímpico.

Desde o concello da Pobra, e máis concretamente desde a concellaría de deportes, veñen traballando en prol do deporte no noso municipio tanto na mellora e construción de infraestruturas coma na posta en marcha de competicións, actividades para público de todas idades, xornadas, cursos, etc…  No caso do Club de Remo Puebla poden salientar as obras que se fixeron co cargo ao Fondo Estatal de Inversión Local (FEIL) para a “Remodelación e adaptación para discapacitados de vestiarios e almacén de embarcacións no edificio de usos náuticos do Castelo” cun importe de 31.183,25 €, a xestión ante Portos de Galicia para a instalación do pantalán diante do edificio de usos náuticos cun importe de 62.500 € e agora, coa construción deste foxo de adestramento que contou cun orzamento de 55.436,15 €, financiado con cargo a un convenio asinado entre a Deputación Provincial da Coruña e o propio concello da Pobra do Caramiñal.

Ademais destas obras, o concello tamén colabora cada ano coas diferentes competicións de remo que o Club de Remo Puebla organiza no noso municipio e, por riba de todo, coa Bandeira da Pobra do Caramiñal de Traíñas.

O Concello da Pobra quere agradecer á Deputación Provincial da Coruña o interese amosado para poder levar a cabo esta obra e ao Club de Remo Puebla pola  súa implicación co deporte pobrense.

11 de setembro de 2013 | 12:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.