O circuíto de AFAL Ferrolterra para poñerse no lugar dun enfermo de Alzheimer chega a Narón
En colaboración co Concello de Narón, AFAL Ferrolterra brindará á cidadanía a posibilidade de poñerse no lugar dun enfermo de Alzheimer e comprobar por si mesma as dificultades que sofren no seu día a día ao realizar accións tan sinxelas e rutineiras como vestirse ou comer. Será a través do Circuíto do Alzheimer, unha actividade na que poderán participar as persoas que se acheguen mañá venres ás 18 horas ao Centro de Maiores Manuela Pérez Sequeiro ou o próximo luns, 30 de setembro, á Fundación Terra de Trasancos, no Val. Nesta ocasión, ás cinco da tarde.











