O ciclo “Voces para un centenario” será inaugurado pola Coral Santa Eulalia na igrexa de Carril

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

A igrexa parroquial de Santiago de Carril acolle mañá domingo, 15 de setembro, o primeiro dos concertos programados no ciclo “Voces para un Centenario” organizado pola Concellería de Cultura dentro dos actos conmemorativos na unión dos municipios de Vilaxoán, Vilagarcía e Carril e 1913. A coral Santa Eulalia será a encargada de abrir o ciclo coa actuación que comezará ás 19:30 horas.

Serán 9 as corais do municipio que participen neste ciclo que consistirá na celebración de concertos nun total de doce igrexas da localidade e que se desenvolverá todos os domingos ata o 1 de decembro. Deste xeito, a concellería que dirixe Rocío Llovo pretende que a celebración do Centenario chegue a todas as parroquias que conformaban hai tres anos os tres concellos fusionados e que hoxe integran Vilagarcía de Arousa. Ademais, comentou que a idea é que cada parroquia acolla a actuación dunha coral que non sexa a súa, de xeito que os veciños poidan coñecer ás demais formacións do municipio ou que teñen menos oportunidades de escoitar.

Vinte voces especializadas en música sacra

A Coral santa Eulalia está formada por unha vintena de voces mixtas dirixidas por Beatriz Navia Rodríguez. O programa que interpretarán o domingo en carril inclúe música sacra, na que están especializados, así como pezas clásicas e populares.

Programa:

HANACPACHAP CUSSICUININ. Anónimo.
EVERYBODY SING FREEBOM. Negro Espiritual.
LA VERGINE DEGLI ANGELI. Giuseppe Verdi.
AVE MARIA. Arcadell.
AMISTAD. Popular.
STABAT MATER. Zoltan Kodaly.
DA PACEM DOMINE. Benedetti.
TE QUIERO. Mario Benedetti.
UNA LAGRIMA. Rey Rivero.
A LA ORILLA DE UN PALMAR. Ramón Noble.
OJOS DE ESPAÑA. Bert Kaempfert.
NEGRA SOMBRA. Xoan Montes- Rosalía de Castro.
VELAIVAI. Popular.
CANTIGA DE MARÍN. Popular.

14 de setembro de 2013 | 11:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.