O ciclo ‘Todo Público’ achegará de novo as artes escénicas a máis de 12.000 pequenos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

O tenente de alcalde de Cultura, Ana Fernández, presentou esta mañá Todo Público, o ciclo de artes escénicas ofertado para público familiar durante o fin de semana e público escolar en horario lectivo. “Trátase dun ciclo moi consolidado ao que acoden compañías de gran nivel e proxección”, explicou Fernández quen engadiu: “Anteriormente esta programación, pensada para o noso público máis novo, limitábase a unhas semanas ao ano, pero agora buscamos manter unha programación estable durante todo o ano, abranguer o conxunto das artes escénicas e chegar ao público máis pequeno”.

Así, este ano levaranse a cabo, entre os meses de setembro e marzo, un total de 16 propostas entre espectáculos, talleres e conferencias. Ademais, incorpórase programación específica para os bebés, o ciclo Bebescena, unha programación específica para bebés.

Bebescena: espectáculos para público de 1 a 3 anos, que se desenvolverá integramente no centro cultural Ágora.

– Babs, de Baobab Teatro (RGT). 15 de setembro (12.30 horas).

– Miau, de Teatro da Estada. 22 de setembro (12.30 horas).

– Kubik, de Teatro Paraíso. 29 de setembro (11.00 e 12.30 horas).

– La Almazuela (baixo as sabas), de Compañía de Roberto G. Alonso. 20 de outubro (11.00 e 12.30 horas).

– Musicalmente, concerto para bebés de Paulo Lameiro. 3 de novembro (11.00, 12.30 e 17.00 horas).

– Taller familiar, Dez Dediños: estimulación temperá a través da lingua de signos. Todos os martes de outubro (días 8, 15, 22 e 29) de 17.00 a 18.30 horas.

– Conferencia, Escola de pais: Xornadas de psicoloxía familiar. Segundo xoves de mes de outubro a maio (10 de outubro, 14 de novembro, 12 de decembro, 9 de xaneiro de 2014, 13 de febreiro, 13 de marzo, 10 de abril e 8 de maio), de 18.30 a 20.00 horas.

Todo Público

– Cenicienta y las zapatillas de cristal, de Lúa Teatro (Madrid). Para maiores de 4 anos (24 e 25 de setembro: 10.00 e 12.00 horas; e 26 de outubro ás 19.00 horas).

– Los animales de Don Baltasar, de Teloncillo Teatro (Valladolid). Para maiores de 3 anos (7 e 8 de novembro: 10.00 e 12.00 horas; e 9 de novembro ás 19.00 horas).

– La vuelta al mundo, de Gorakada (País Vasco). Para maiores de 6 anos (28 e 29 de novembro: 10.00 e 12.00 horas; e 30 de novembro ás 19.00 horas).

– Adiós Bienvenida, de Mimaia (Cataluña). Para maiores de 7 anos (12 e 13 de decembro: 10.00 e 12.00 horas; e 14 de decembro ás 19.00 horas).

– Constelaciones, de Aracaladanza (Madrid). Para maiores de 5 anos (30 e 31 de xaneiro: 10.00 e 12.00 horas; e 1 de febreiro as 19.00 horas).

– Víctor y el mostruo, de Esencia Producións (Aragón). Para maiores de 9 anos (6 e 7 de febreiro: 10.00 e 12.00 horas; e 8 de febreiro ás 19.00 horas).

– Aurora, de Elefante Elegante (Galicia). Para maiores de 3 anos (20 e 21 de febreiro: 10.00 e 12.00 horas; e 22 de febreiro as 19.00 horas).
– Rucs, el maleficio del brujo, de La Pera Limonera (Cataluña). Para maiores de 7 anos (13 e 14 de marzo: 10.00 e 12.00 horas; e 15 de marzo ás 19.00 horas).

– A mano, Del patio (A Rioja). Para maiores de 5 anos (27 e 28 de marzo: 10.00 e 12.00 horas; e 29 de marzo ás 19.00 horas).

“A nosa traxectoria busca o compromiso con espectáculos que acheguen visións temáticas e postas en escena que, dirixidas a nenos de todas as idades, permitan a posibilidade de reflexionar, abrir os ollos a realidades ou ficcións que non propoñan unha mensaxe pechada cunha única lectura e que nos aproximen a problemáticas próximas aos intereses reais da infancia e adolescencia”, explicou Fernández.

O obxectivo do ciclo, do que gozarán 12.000 nenas e nenos, é o de ofrecer unha programación de artes escénicas para o público máis jóven coa finalidade de:

– Enriquecer as súas experiencias para favorecer o desenvolvemento de sensibilidades.

– Crear hábitos culturais.

– Ofrecer recursos para a formación, na medida na que acheguen elementos formativos para a infancia, aínda que sen buscar o didactismo.

– Favorecer o desenvolvemento de hábitos de convivencia.

As entradas na oferta para público familiar en fin de semana custan 6 euros e o aboamento familiar para tres persoas, 15. Respecto á oferta escolar, dentro do horario lectivo, realízase dentro da oferta educativa municipal Coruña Educa del Servicio Municipal de Educación.

10 de setembro de 2013 | 18:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.