O ciclo Poetas Di(n)versos continúa o 7 de outubro a súa programación na Ágora

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

A tenente de alcalde de Cultura, Ana Fernández, presentou esta mañá, xunto coa poetisa Yolanda Castiñeiro, a nova programación trimestral do ciclo Poetas Dei(n)versos, que se desenvolverá durante os meses de outubro, novembro e decembro, por terceiro ano, no Centro Ágora.

“As novas citas mensuales co mellor da poesía galega e do resto do mundo estrearán esta quinta edición, a terceira no Ágora, cunha programación en grao sumo ambicioso: poetas de Oriente, do Mediterráneo e de Galicia interpretarán os seus textos en novos actos abertos e gratuitos para todo aquel que queira descubrir a emoción da palabra”, sinalou e recordou que as citas serán, de novo, os luns ás 20.30 horas no auditorio do Ágora.

Tal e como explicou a responsable de Cultura, a nova tempada de Poetas Dei(n)versos comeza o vindeiro luns, 7 de outubro, con Oriana Méndez, filóloga viguesa de 1984 e unha das máis pujantes poetas das últimas fornadas en Galicia. Recitará á beira dun dos autores máis recoñecidos e influyentes da poesía chinesa contemporánea, Xi Chuan (1963), Premio de Poesía Moderna Chinesa en 1994 e Premio Nacional Lu Xun en 2001. Profesor de Literatura Clásica Chinesa na Academia Central de Belas Artes en Pekín e tamén ensayista e tradutor, na actualidade dirixe a prestixiosa revista Dangdai Gouji Shitan (Poesía Internacional Contemporánea). Textos seus publicáronse en 2011 traducidos ao galego no libro colectivo Babelia en galego, precisamente a cargo de Yolanda Castaño. Con este recital preténdese participar na conmemoración dos 40 anos de relacións diplomáticas bilaterales España-Chinesa, e durante o mesmo, os dous autores poderán asinar os seus libros aos asistentes.

O ciclo continuará o 11 de novembro coa poeta e activista pola paz e os dereitos humanos Tal Nitzán, xunto o escritor vigués Román Raña. En decembro, o luns 30, será momento do editor Fran Alonso e o tradutor e escritor maltés Antoine Cassar.

27 de setembro de 2013 | 19:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.