O Cereixa, Vincios F.S. de Gondomar enfróntase ao Verín F.S. na primeira xornada da Liga Galega Sur de fútbol sala

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesGondomarLocal
A-
A+

Mañá sábado, día 21 de setembro, ás 17.00 horas no Pavillón Polideportivo Municipal de Panxón, en Nigrán, disputarase a primeira xornada da Competición de Liga Galega Sur de fútbol sala, entre os equipos CEREIXA, VINCIOS F.S. DE GONDOMAR E O VERIN F.S.

Debido a que este mesmo fin de semana Gondomar acolle o XIII Torneo Aberto Internacional de Tenis de Mesa, foi imposible albergar esta competición no Pavellón Municipal do municipio, polo que se trasladou ao Polideportivo de Panxón.

Dende o Cereixa, Vincios F.S. agradecen tanto ao Concello de Gondomar coma á Concellaría de Deportes o seu apoio incondicional e á Concellaría de Deportes de Nigrán por ceder as instalacións do Polideportivo para disputar o devandito encontro.

20 de setembro de 2013 | 12:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.