O Centro Neural acolle unha charla sobre orientación laboral
A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Gondomar informa de que o vindeiro 4 de outubro, en horario de 11:00 a 13:00 horas no Centro Neural do municipio, terá lugar unha charla sobre orientación laboral enmarcada dentro do programa ACTIVA 2013 da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia.
A charla, dirixida a mozos/as de 16 a 30 anos, será impartida por persoal da Xunta de Galicia e tentará mellorar a empregabilidade dos mozos/as, presentándolles as ferramentas necesarias para atopar emprego, a importancia do currículum e da entrevista de traballo ou concienciándoos da necesidade de buscar oportunidades en momentos de crise.











