O CEIP Campolongo acolle a exposición sobre Vidal Bolaño
Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra dispón de xeito temporal da exposición sobre Roberto Vidal Bolaño, creada e cedida polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CIFP Carlos Oroza.
A mostra, que estará exposta no CEIP Campolongo do 2 ao 16 de outubro, está composta por 10 paneis de cartón-pluma de 50×70 cm, nos que se fai un percorrido polos eventos biográficos e literarios máis importantes de Vidal Bolaño.











