O CDL acolle un curso de Intelixencia Emocional, Coaching e Dirección de Equipos
O concelleiro de Formación e Emprego, Óscar Soto, informou hoxe da ampliación do prazo de inscrición para un curso de Intelixencia Emocional, Coaching e Dirección de Equipos.
Respecto deste curso de Intelixencia Emocional, Coaching e Dirección de Equipos, explicar que o prazo de inscrición amplíase ata o vindeiro día 30 de setembro e que as datas de celebración do mesmo aprázanse ós días 4, 5, 18, 19, 25 e 26 de outubro.
Ó realizar este curso existe a posibilidade de bonificación para traballadores en activo a través da Fundación Tripartita.
Para inscribirse, os interesados en participar poden facelo a través da páxina web do Concello de Mos (www.mos.es) ou persoalmente nas oficinas do CDL ou no Multiusos de Mos.
O curso celebrarase os venres de 16:30 horas a 21:30 horas e os sábados de 9:30 horas a 14:30 horas no Centro de Desenvolvemento Local de Mos. O prezo por persoa do curso é de 170 euros e os interesados en obter máis información sobre o mesmo poden chamar ó teléfono 986 48 77 86.
Os contidos a abordar durante esta acción formativa son: coñecemento integral do equipo e liderazgo, Intelixencia Emocional e dirección de equipos, e Coaching de Equipos. Os obxectivos dos mesmos para os alumnos son: adquirir capacitación para liderar equipos eficaces e eficientes, basados en técnicas de Coaching e Intelixencia Emocional; capacitar ó alumno/a da formación adecuada para o desenrolo de habilidades emocionais directivas que potencien a todos os membros do grupo co máximo aproveitamento das cualidades de cada un; e ensinar ao alumno/s os diferentes tipos de liderazgo existentes e a aplicalos a sí mesmo incluso para modificar actitudes, “vicios”, que sexan negativos para o equipo que lidera, empregando sempre unha metolodoxía de aprendizaxe transformacional e experiencial.
Este curso vai dirixido a persoas que desexen mellorar tanto persoal como profesionalmente, persoas que axudan a outras persoas: consultores, psicólogos, terapeutas, docentes, persoal sanitario, e en xeral todo profesional que esté en contacto habitual coas persoas como base do seu traballo; e empresarios, directivos, executivos ou calquer persoa que xestione equipos humáns e que desexe mellorar as súas competencias e habilidades.
Trátase dunha acción formativa cun método didáctico eminentemente práctico, na que as explicacións do profesor serán acompañadas por exercicios prácticos.
A aplicación da Intelixencia Emocional e o Coaching como ferramentas de coñecemento, desenvolvemento personal e xestión do talento, cun modelo de aprendizaxe transformacional e experiencial, dotará ó participante do curso dunha visión e coñecementos imprescindibles para lograr un equipo de alto rendemento.











