O casting da serie web Vigópolis xa superou os 200 candidatos

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Local Portada ► Vigo ▼
A-
A+

O proxecto Vigópolis adáptase ás necesidades actuais e ofrecerá ao espectador unha nova visión e concepto de Vigo e a súa xente. A idea desta serie web, a rodar en Vigo e nos seus arredores, é que os vigueses e viguesas teñan unha participación notable na mesma, como figurantes, extras e incluso guionistas, a través dun concurso de tramas no que os interesados poden enviar propostas para a realización de posteriores capítulos, optando a un premio e á colaboración na rodaxe.

O obxectivo das partes implicadas en Vigópolis, que conta coa colaboración do Concello, pasa por dar a coñecer novas e descoñecidas zonas de Vigo, a súa gastronomía e as praias, como forma de promocionar turísticamente a cidade como urbe dinámica e creativa. A serie seguirá a vida do seu protagonista, un novo actor vigués de 33 anos que regresa á cidade tras catro anos en Madrid para presentarse a unha proba de cámara.

5 de setembro de 2013 | 17:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.