O Carballiño será escenario do I Enduro Extremo de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaO Carballiño
A-
A+

O próximo fin de semana, os días 5 e 6 de outubro, os mellores corredores de enduro de Galicia, Portugal e comunidades limítrofes, daranse cita no Carballiño para participar no I Enduro Extremo, organizado polo moto club Extremo Mesego, coa colaboración do concello carballiñés.

Os organizadores calculan que se darán cita uns 90 participantes, para disputar unha proba única en toda a comunidade autónoma, e das poucas que destas características, se realizan en España.

O primeiro día, o 5 de outubro, terá lugar a proba clasificatoria, no circuíto preparado para tal efecto en Pena Cobertoira. Tras esta proba, que comezará ás 17:30 horas, os participantes exhibirán as súas motos na Praza Maior. O parque pechado quedará instalado na mesma céntrica praza carballiñesa.

O domingo 6 desenvolverase a carreira, tamén na zona de Pena Cobertoira, pero con máis recorrido que o día anterior, e zonas máis esixentes para os pilotos.

30 de setembro de 2013 | 16:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.