O C.D. Boiro e a U.D. Somozas asinan táboas na liga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiroDeportesLocal
A-
A+
Unha das xogadas do encontro

Unha das xogadas do encontro

O Club Deportivo Boiro tivo que disputar o seu segundo partido de liga no Municipal de Vista Alegre xa que, o seu campo habitual, Barraña, segue en obras.

Con cinco minutos de atraso, o colexiado, Daniel García, deu o asubío inicial a un emocionante encontro entrel CD Boiro e a UD Somozas.
Os de Gelucho, empezaron con moi bo pé e foi Adrián Armental, o capitán, o que tivo unha grande oportunidade de gol no minuto 9, que acabou co balón por enriba do longueiro.

Debido ás dimensións do terreo de xogo, o xogo centrouse no medio do campo e predominou o xogo aéreo.

Sería Edy, polo Somozas, o que, no minuto 34, tras un saque de córner, mandaría o esférico ao máis fondo da rede que defendía o boirista Pazos.

Edy, de novo, sería, dous minutos despois, o que desaproveitou unha nova ocasión no minuto.

No minuto 41 o público xa case cantaba o gol do empate. O boirista Iván estaba só ante o porteiro, lanzou, e o balón saíu a escasos centímetros do poste.

Xa no descanso, ambos os dous técnicos conseguiron motivar os seus deportistas, que saíron ao campo con moitas ganas.

Os visitantes sumaron un tanto máis ao seu marcador volvendo anotar o capitán, Edy, no minuto 2 da segunda metade.

No minuto 71, tras moitas ocasións, Iván deu un respiro ao seu conxunto, e anotou o primeiro gol dos locais.

A segunda parte foi moi entrenida e tensa.

A anécdota do encontro foi, sen dúbida, unha lesión do colexiado principal, que obrigou a parar o encontro durante 10 minutos.

A fisioterapeuta do Boiro, Natinha García, foi a encargada de socorrer o árbitro, que sufriu “Unha cambra muscular en xemelgo e cuádriceps”.
Xa no minuto 91, unha dura entrada dentro da área efectuada polo visitante Iago, que foi sancionado con tarxeta vermella, custoulle a pena máxima aos visitantes, un penalti.

O encargado do lanzamento sería Hugo Soto, que bateu ao gardameta Cristian e deu o empate para o CD Boiro.

Boiro: Pazos, Marcos, Amoedo (Javi Pérez), Rendo, Paco, Pedro, Ruben (Hugo Soto), Xacinto, Ivan, Adrián e Bendaña (Julián).

Somozas: Cristian, Javi Rosa, J.Manuel, Iago, Fiuza, Edy, Rubén, Baleato, Stefan (David), Antas (Nes) e Luis Ángel (Agróns).

Árbitro: Daniel García Lesta. Asistentes: Asier Manuel e Foriña Biosi.

Incidencias: 250 espectadores. O colexiado sufriu unha lesión que mantivo o encontro parado 10 minutos.

1 de setembro de 2013 | 22:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.