O auditorio municipal de Ourense acolle a ópera “L´elisir d´amore”
A programación cultural do último trimestre deste 2013 para o Auditorio Municipal comeza coa ópera L´elisir d´amore, que terá lugar o próximo mércores día 2 a partir das 20.30 h.
L´elisir d´amore, é de Gaetano Donizetti, e estreouse por primeira vez en Milán en 1832. A soprano galega Laura Alonso, encabeza o elenco desta obra operísima de corte cómico. A propia soprano, estivo esta mañá na presentación, acompañada da concelleira de Educación e Cultura, Ana Garrido. A dirección musical corre a cargo de Diego Martín, e a representación contará coa orquestra e o coro Gregorio Baudot; co tenor Juan Antonio Sanabria no papel de Nemorino, o barítono Enrique Sánchez como Belcore, Eric Mauricio Torres representando ao Doctor Dulcamara, e a soprano Ana Ochoa como Gianetta.
A organización do espectáculo corre a cargo da compañía galega Galiópera, e conta coa colaboración do Concello de Ourense. As entradas están á venda en www.servinova.com a partir de 10 €, ou tamén o propio día, desde dúas horas antes na billeteria do Auditorio.











