O alcalde visita as obras de reforma da Colonia Pina

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores en compañía dos concelleiros Carmen Fouces e Demetrio Gómez visitarán esta tarde, a partir das 20.30 horas, as obras de reurbanización que se realizaron na denominada Colonia Pina, situada na parroquia de Salcedo. A reforma permitiu cambiar radicalmente o aspecto deste barrio e trasladarlle os estándares de calidade urbana (dentro das
posibilidades que permitiron as construccións do propio barrio) que existe no resto da cidade.

Os traballos comezaron polo asfaltado da rúa de acceso ao barrio. Fíxose este tratamento por recomendación técnica dado o desnivel de toda a rúa. Na súa entrada instaláronse dous morróns que impiden a entrada dos vehículos á rúa, por expresa petición veciñal.
A continuación fxeronse os traballos de pavimentación da rúa da Colonia que se atopaba en tramos asfaltada e en tramos en terra. Colocouse un empedrado similar ao das rúas peonis da cidade, estilo Michelena, unificando nives de rasante que eran moi diferentes sengundo as vivendas.

Tamén se mellorou a rede de saneamento do barrio, unha das prioridades. O investimento total foi de 60.000 euros. O alcalde e os concelleiros Carmen Fouces e Demetrio Gómez visitarán esta tarde as obras e participarán dunha celebración organizada polos propios veciños que viñan solicitando esta mellora.

27 de setembro de 2013 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.