O alcalde de Ourense convida ao rexedor de Wichita a visitar a cidade termal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurense
A-
A+

Esta mañá deron comezo os actos oficiais de celebración das festividades nacional de México e de 65 aniversario da declaración de Tlalnepantla como cidade, ao que foron invitados as cidades irmandadas con esta úlltima, Ourense e Wichita.

No seu discurso de recepción, o alcalde de Ourense, Agustín Fernández, destacou os moitos vínculos que unen a ambas as dúas cidades, irmandadas dende o goberno do popular Manuel Cabezas, como a abundante presenza empresarial galega e outras, que citou, como o importante papel que xogou a fundación dun convento Franciscano na trama urbana de Tlalnepantla, e a posterior dedicatoria doutro importante templo ao Corpus Christi, que en Ourense constitúe a festa maior.

Igualmente, dirixíndose ao seu homólogo da cidade co-irmá de Tlalnepantla, Carl Brewer, alcalde de Wichita, do estado norteamericano de Kansas, tamén presente na recepción oficial, invitoulle oficialmente a coñecer Ourense, os seus atractivos termais e a riqueza monumental e paisaxística da súa provincia, a ser posible á fronte dunha delegación empresarial.

Con esta recepción, o alcalde iniciou a súa axenda oficial con motivo do convite da cidade irmá ourensana en México, que complementou dende o principio cunha intensa actividade empresarial.

13 de setembro de 2013 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.