publicidade hoxe

O alcalde de Miño réunese coa Asociación de veciños de Ponte do Porco para coñecer as súas necesidades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMiño
A-
A+
Reunión do rexedor con representantes da asociación

Reunión do rexedor con representantes da asociación

O Alcalde de Miño, Jesús Veiga Sabín, reuniuse con membros da Asociación de veciños de ponte do Porco para coñecer de primeira man as necesidades dos veciños e veciñas desta zona.

No Local Social Municipal da Rúa, o rexedor mantivo un encontro cos veciños de ponte de Porco e representantes da asociación de veciños que lle trasladaron a petición de que se lles aplique unha taxa de recollida de lixo menor que a do casco úrbano xa que o servizo prestado nesta zona é inferior nun día. O alcalde de Miño se comprometio á revisión da taxa e aprobar unha nova antes de finais de 2013. Esta taxa tambien será de aplicación aos veciños de Sombreu que se encontran na mesma situación de recollida que os de ponte do Porco.

Actualmente en Mino hai dúas taxas diferentes por recollida de lixos, unha en Mino e outra nas parroquias. Os lugares de Sombreu e ponte do Porco están incluídos na taxa de Miño e non na das parroquias posto que a frecuencia na recollida de lixos é maior que nas parroquias, pero é un día menor que no núcleo úrbano de Miño.

9 de setembro de 2013 | 19:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.