O alcalde de Culleredo recibe ao novo capitán xefe da Garda Civil do municipio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocal
A-
A+
O alcalde co novo capitán xefe da Garda Civil

O alcalde co novo capitán xefe da Garda Civil

O Concello de Culleredo recibiu hoxe a visita institucional do novo capitán xefe da Compañía da Garda Civil, Pablo Lago, que asume a coordinación do Instituto Armado en 11 postos, entre eles o de Culleredo.

O novo mando foi recibido polo alcalde, Julio Sacristán, e o primeiro tenente de alcalde e responsable de Seguridade Ciudadana, José Ramón Rioboo. No acto tamén participaron Ricardo Dovigo, xefe da Policía Local de Culleredo, e Antonio Táboas, tenente do posto da Garda Civil en Culleredo.

Lago desenvolverá o seu traballo dende o cuartel de Lonzas. Os 11 postos que coordina dan servizo en 20 municipios dos arredores.

O alcalde deu a benvida ao capitán xefe, expresando os mellores desexos do Concello no labor que desempeñará. Rioboo considera a coordinación que se está a manter entre Policía Local e Garda Civil “clave” para o traballo en seguridade cidadá.

25 de setembro de 2013 | 18:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.