O ADR Terras do Deza celebra en Rodeiro un certame de música tradicional
O próximo sábado a ADR Terras do Deza, organiza un Certame/concurso de música tradicional en Rodeiro. Trátase dunha actividade enmarcada no proxecto de Cooperación Interterritorial: Interritmos Ritmos e Pobos.
Día: 14 de setembro de 2013
Hora de celebración do certame: De 20.00 h, a 21:00 h
Lugar: Centro Cultural Manuel Lamazares. Rodeiro
A orde de actuación seguirá esta orde:
20.00 h – Grupo 1 – Gaiteiros dá Pereiriña.
20.10 h – Grupo 2 – A Carballeira de Cercio. Lalín.
20.20 h- Grupo 3 – Asociación Cultural “Grupo de Gaitas Xirandola”
20.30 h- Grupo 4 – Pao de Buxo. Silleda.
20.40 h- Grupo 5 – Os Trasnos de Doade – Lalín
20.50 h- Grupo 6 – Varacuncas. Rodeiro
Unha vez finalizadas as interpretacións o xurado retirarase a deliberar e unha vez efectuada a acta dará a coñecer os resultados no propio centro cultural.