O actor Fede Pérez actuará nas festas patronais da parroquia ordense de Santa Cruz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalOrdes
A-
A+

10092013-9Este próximo fin de semana a parroquia ordense de Santa Cruz de Montaos celebrará as súas festas patronais na que se honrará a súa patrona, Santa Cruz.

O punto de arranque terá lugar esta sábado a partir das 13.30 horas coa misa solemne, a cal estará seguida dunha animada sesión vermú que correrá a cargo da orquestra Xacobeo. Os integrantes deste grupo volverán a subir escenario para facer bailar a todos durante a verbena nocturna. Ademais, durante o descanso desta o popular actor Fede Pérez, integrante no reparto de series como ‘Padre Casares’ ou ‘Era visto’ ofrecerá un espectáculo que, sen dúbida, arrancará as gargalladas dos presentes.

Xa o domingo a  misa solemne, posta para as 13.30 horas, marcará o inicio doutro día de festa, no que tamén se  ofrecerá unha sesión vermú marcada polos ritmos da música tradicional do grupo Leirabuxo.

10 de setembro de 2013 | 17:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.