O 87% dos condutores coruñeses leva posto o cinto de seguridade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocalLocal Portada
A-
A+

O departamento municipal de Movilidad e Seguridade Cidadá, a través da Policía Local, participou nunha campaña especial sobre o cinto de seguridade e os sistemas de retención infantil (SRI) que organizou a Dirección Xeral de Tráfico (DGT). Esta iniciativa realizouse na cidade durante a semana do luns, 9 de setembro, ao domingo, día 15.

O Concello da Coruña, que mantén unha estreita colaboración coa DGT, destaca que os resultados da campaña han evidenciado un elevado índice no cumprimento das normas de circulación por parte dos condutores. En total, de 998 condutores, máis do 87% levaba posto o cinto de seguridade (872). Aos 126 condutores que non levaban o cinto, hai que sumar outros acompañantes que tamén foron denunciados por incumplir as normas en materia de seguridade. En concreto, 6 pasaxeiros que ocupaban o asento do dianteiro non levaban o cinto; 5 persoas nos asentos traseiros; e dous nenos non contaban cos sistemas de retención homologados (un, no asento dianteiro; e outro, nos asentos traseiros). En total, efectuáronse 139 denuncias entre condutores e pasaxeiros.
A Policía Local destaca que o uso de mecanismos de retención homologados é o sistema de seguridade vial máis sinxelo, rendible e eficaz en todo tipo de vías e traxectos. Malia que en 2012 reducíronse nun 13% tanto os sancionados por non facer uso do cinto de seguridade / RSI como os puntos detraídos por esta causa, é necesario insistir no seu uso, xa que esta medida reduce á metade o risco de morte en caso de accidente. De feito, un neno sen a sujeción adecuada multiplica por cinco a posibilidade de sufrir lesións mortais ou graves.

O Concello da Coruña subliña a importancia de colaborar coa DGT, pois a circulación na cidade é o primeiro dos escenarios onde o condutor inicia a adquisición de hábitos e costumes e onde o incumplimiento da lei sobre cintos de seguridade é maior que en estradas interurbanas. Ademais, o número de falecidos de turismos en zona urbana representa aproximadamente o dobre que os falecidos polos mesmos motivos en estrada. A Policía Local colabora coa DGT nas campañas que teñen como obxectivo mellorar a seguridade en estrada. No mes de marzo, por exemplo, prestou a súa colaboración nunha iniciativa de similares características á que se acaba de realizar.

23 de setembro de 2013 | 13:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.