O 77% dos visitantes da Feira do Moble concertaron compras ou estableceron contactos comerciais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaLocal
A-
A+
Un dos espectáculos ofrecidos

Un dos espectáculos ofrecidos

O pasado domingo sorteáronse os dous primeiros vales de compra por importe de 500 euros cada un. As agraciadas, foron Milagres Soage Piñeiro de Marín e Mª Luisa Sanchez Seijas de Curtis, respectivamente.

Hoxe desenvolverase a segunda dos relatorios do programa de xornadas técnicas que dá cobertura ao certame. A madeira, é a gran protagonista da xornada e para iso, contarase coa inestimable colaboración da Universidade de Vigo. O título do relatorio é “Madeira, o material do futuro” e será impartida por Juan Picos Martín, profesor da Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra.

A xornada de hoxe está dedicada á terceira idade. Este colectivo, fará unha visita turística ao couto salmonero de Xirimbao, ao concello e logo, terán unha comida de confraternización no restaurante do recinto feiral. Será ás 16.30 horas, cando o colectivo, presencie a actuación artístitica de Pedro Brandaríz que conta co patrocinio da Deputación Provincial de Pontevedra.

Coincidindo co peche da xornada, efectuarase o terceiro dos sorteos dun vale de compra por importe de 500 €. Neste sorteo, participasen todas as papeletas depositadas polos visitantes das xornadas do luns e martes.

16 de setembro de 2013 | 19:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.