O 18 de setembro ábrese o prazo para o servizo “Lousame Concilia”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLousame
A-
A+

O Concello de Lousame continua poñendo a disposición das familias de Lousame o servizo “Lousame Concilia” que pretende facilitarlle ás familias do alumnado, que asiste ao CPI Cernadas de Castro de Lousame,  a conciliación dos horarios laborais dos proxenitores cos horarios non lectivos dos nenos/as durante o curso escolar.

Este servizo de atención e coidado de menores ofertase durante dúas horas (dende as 7:45h ata as 9:45h) no horario anterior ó inicio da xornada lectiva, prestándose en aulas do colexio.

Está dirixido a menores dende 3 ata 12 anos e conta cun máximo de 20 prazas durante o curso.

Ofertase en dúas modalidades de asistencia:

– Asistencia continua: os nenos/as acoden a diario ó servizo, previa inscrición.

– Asistencia puntual: as familias que necesiten empregar este servizo só en datas concretas, durante o curso poden reservar a praza chamando ao 609.828853.

No tempo que os menores están  no servizo realizan diversas actividades lúdicas e contan tamén cun tempo para realizar tarefas escolares pendentes ou de repaso. Este servizo préstao o Concello de Lousame en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo.

A inscrición será nos Servizos Sociais municipais do 18 ó 24 de setembro, en horario de 10h a 14h. Para máis información poden chamar ao 981.820494.

13 de setembro de 2013 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.