O 12 de setembro remata o prazo de entrega de cadros para o certame de pintura Manuel Rebón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAresLocal
A-
A+

O prazo de presentación das obras para o VII Concurso de Pintura Manuel Rebón-Concello de Ares rematará este xoves, 12 de setembro. Como se lembrará, os cadros –un por autor- deberán presentarse no CIRS de Cervás, en horario de sete a nove da tarde. Os cadros presentados terán que ir asinados co nome do autor ou autora, figurando na parte de atrás o nome completo, enderezo, número de teléfono, DNI, data de execución da obra e o seu título. A iniciativa vai dirixida para maiores de idade nacidos e residentes en Galicia.

Os premios -un de 1.200 euros e outro de 300 para o mellor pintor local, ademais de dous accésits- fallaranse o día 14 de setembro por parte dun xurado integrado por persoas vencelladas ao mundo da cultura. Un día despois, e como xa ven sendo habitual, inaugurarase unha exposición no CIRS, que estará aberta entre o 15 e o 28 de setembro, data na que ademais da clausura da mostra procederase á entrega de premios, nomeadamente ás oito da tarde.

10 de setembro de 2013 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.