Novos obradoiros durantes este mes de setembro en Tomiño

Asistentes a un obradoiro
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Tomiño, organiza tres novos obradoiros como adianto da programación de outono. Trátase dos talleres de aplicación de técnicas de seguridade e primeiros auxilios, decoración de unllas (“nail polish workshop”) e información sobre o Servizo de Voluntariado Europeo (SVE).
O primeiro se impartirá no edificio da antiga Escola Obradoiro de Goián, no mes de outubro, aínda que a data de comezo e os horarios están aínda sen determinar. Este obradoiro, orientado á mozos e mozas de entre 16 e 35 anos, é de balde e está organizado pola Deputación de Pontevedra.
O obradoiro de decoración de unllas é tamén de balde e comezará o día 2 de outubro, mércores, de 20.00 a 22.00 horas, no local da OMIX (Campo da Feira s/n). Está orientado a mozos e mozas de entre 12 e 35 anos.
Por último, o taller sobre o Servizo de Voluntariado Europeo (SVE), orientado a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos, comezará o día 25 de setembro, mércores, tamén entre as 20.00 e as 22.00 horas, na OMIX. Intervirán dúas novas persoas que están traballando estes meses en Tomiño dentro do proxecto de voluntariado europeo.
As persoas interesadas poden facer a súa inscrición nos locais da OMIX (Campo da Feira s/n); a través dun correo electrónico a omix@concellotomino.com; por teléfono, chamando ao 986 623 304, ou ben no Facebook da oficina.











