Novo curso preparatorio para as probas libres de obtención do graduado en E.S.O.
Tras o éxito da primeira convocatoria, celebrada o pasado curso académico, o Concello de Nigrán organiza un novo curso preparatorio para as probas libres para a obtención do título de graduado en E.S.O., dirixido a homes e mulleres maiores de 18 años, preferentemente empadroados en Nigrán.
As persoas interesadas en participar deberán formalizar a inscrición no Centro de Información ás Mulleres, na antiga estación de tranvía de Panxón, ou informarse a través do teléfono 986 383 081 ou no correo electrónico cim@nigran.org.











