Nova programación de cursos no Telecentro do Castiñeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLugo
A-
A+

A Concellería de Servizos Xerais e Participación Cidadá, que dirixe Manuel Núñez, anuncia a nova programación de cursos que se impartirán durante o mes de outubro no Telecentro do Castiñeiro.

Os cursos previstos son de informática, informática avanzada, internet, internet avanzado e redes sociais.

O curso de internet impártese os luns, mércores e venres de 17.00 a 18.00 horas. O de informática, martes e xoves no mesmo horario. As clases de internet avanzado son os luns, mércores e venres, de 10.30 a 12.30. E á mesma hora, os martes e xoves son as clases de informática avanzada. O curso de redes sociais terá lugar todos os días, de luns a venres, entre as 19.00 e as 20.00 horas.

 Ademais destas actividades, o Telecentro do Castiñeiro funciona como Aula aberta, na que o acceso é libre a calquer cidadán.

Para máis información e para facer as incricións hai que chamar ó 010 teléfono de atención cidadá do Concello (982 297 350 para chamadas desde fóra do municipio).

24 de setembro de 2013 | 16:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.