Nova ordenanza ferrolá sobre a tenza de animais de compañía e animais potencialmente perigosos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

O Concello de Ferrol dótase dunha ordenanza municipal sobre protección e tenza de animais de compañía e de animais potencialmente perigosos. A nova normativa foi ditaminada hoxe de maneira positiva polos grupos municipais de PP, PSOE e IF en comisión informativa polo que mañá deberá ratificala o Pleno para a súa publicación e posterior entrada en vigor.

O concelleiro de Medio Ambiente e Servizos, Borja Carro Muñoz, manifestou que con este  regulamento a Administración ferrolá “cubre a ausencia de normativa e de control sobre a tenencia e protección de animais de compañía e animais potencialmente perigosos, así como en relación a como deber ser a convivencia de cans e veciños en espazos públicos da cidade”. Ademais, engadiu, “damos resposta a unha das peticións máis repetidas polos veciños nas asembleas de barrio”.  O edil ferrolán explicou que a ordenanza recolle algunhas alegacións presentadas pola oposición, como é a proposta do PSOE de habilitar unha praia para o seu disfrute con animais de compañía.

Neste sentido, Carro Muñoz explicou que a ordenanza “ten por obxecto, en primeiro lugar, informar a cidadanía e fomentar a convivencia e o respecto entre os propietarios de animais e os veciños, así como controlar comportamentos inadecuados”. Así as cousas, entre outros aspectos, o novo texto normativo regula a presenza de animais domésticos na vía e espazos públicos, o compromiso de habilitar espazos reservados a animais de compañía ou a presenza nas praias, que estará limitada no período comprendido entre o 1 de maio e o 30 de setembro.

25 de setembro de 2013 | 17:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.