Nova limpeza de colectores de lixo no municipio carballinés

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Carballiño
A-
A+

O concello do Carballiño, a través do convenio coa Deputación Provincial, está a realizar dende este luns unha nova limpeza dos colectores de lixos, co camión da entidade provincial que lava e desinfecta estes elementos. Con esta xa son cinco as limpezas que se realizan dos colectores no que vai de ano, buscando sempre unha maior limpeza, hixiene, e evitar molestias aos usuarios de cada zona.

Sobre a recollida de lixos, os responsables detectaron que existen algúns puntos onde os usuarios non están a seguir as normas cívicas para o depósito destas. Tarefas tan sinxelas como non verter directamente os restos ao colector, no caso dos orgánicos, están a ser ignoradas por algúns usuarios, provoca o que que os colectores desprendan mal olor, e sexa un foco de infeccións.

Por tal motivo dende o concello carballiñés se van a enviar notas informativas aos usuarios das zonas onde se está a detectar este mal uso dos colectores, os indica a forma correcta para depositar os lixos, e os alerta que, en caso de non proceder segundo marca a ordenanza, se procederá a multar os infractores, con sancións que poden chegar aos 1.000 euros.

Unha das zonas onde se detectou este mal uso dos colectores é a avenida de Julio Rodríguez Soto, sobre todo no tramo da Praza de Abastos.

2 de setembro de 2013 | 16:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.